TERMOS E CONDICIÓNS

1. Ente organizador
CONSERVAS ALBO, a través do sitio web www.conservalobueno.es, organiza este concurso ao que se dá difusión a través dos seus perfiles oficiais de Facebook, Instagram e Twitter.

2. Desvinculación con respecto a Facebook e Twitter
Facebook, Instagram e Twitter non patrocinan, avalan nin administran de modo algún esta promoción, nin están asociados a ela. O usuario desvinculase totalmente destes canais sociais e é consciente de que está a proporcionar a súa información a CONSERVAS ALBO e non a Facebook, Instagram ou Twitter. A información que proporcione utilizarase para xestionar a participación do concursante e comunicarlle o premio, ademais de para posteriores envíos de boletíns informativos por parte de CONSERVAS ALBO.

3. Obxecto e mecánica do concurso
Para participar na dinámica será obrigatorio ser maior de idade, residir en España e facilitar os datos requiridos para participar no sorteo.

CONSERVAS ALBO non se fai responsable de entradas fóra do prazo da dinámica, nin de participacións fraudulentas ou incompletas.

A participación supón a cesión e a autorización expresa de todos os dereitos da propiedade intelectual sobre as participacións, de forma que o participante cede a CONSERVAS ALBO os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial ou de imaxe que lle puidesen corresponder ou derivar das participacións enviadas para participar no concurso.

O concurso realizarase a través do sitio web www.conservalobueno.es e daráselle difusión a través dos nosos perfiles de Facebook, Instagram e Twitter.

Os usuarios deberán encher o formulario que aparece no sitio web cos datos requiridos, ademais de describir o mellor momento da súa vida, ese momento que conservarían 150 anos máis.

Con todos os momentos recompilados por parte dos participantes durante os 3 meses que dura o concurso, lanzaremos unha lata de ALBO ao espazo que os conterá todos no seu interior, xa que estará previamente almacenado nun dispositivo USB. Estes momentos poden ser os que cada usuario crea conveniente: unha fotografía, unha amizade, unha canción ou un vivencia, entre outros.

A empresa que se encargará de enviar ao espazo o noso USB é https://sentintospace.com/

4. Premios
Entre todos os participantes, sorteamos UNHA CEA PARA DOUS NO RESTAURANTE DO NOSO EMBAIXADOR DANI GARCÍA.

O gañador será elixido aleatoriamente entre todos os usuarios que participasen no concurso a través de www.conservalobueno.es.

O gañador deberá cumprir con todos os requisitos de participación anteriormente mencionados e deberá seguir as normas da dinámica detalladas na publicación.

O concurso estará vixente dende as 11:00 h do 6 de maio ata o día 31 de xullo ás 23:59 h.

Unha vez pechado o concurso, non se contabilizarán as participacións que poidan xurdir fóra desas datas.

Entre todos os participantes, o gañador será seleccionado aleatoriamente a través de Random.org e contactado trala elección a través do correo electrónico facilitado.

O PREMIO consiste nunha cea para dous no restaurante do noso embaixador Dani García. O desprazamento ata este punto correrá a cargo do gañador.

CONSERVAS ALBO porase en contacto cos gañadores por correo electrónico para solicitar os datos necesarios e concretar todos os detalles do premio.

En caso de non localizar aos gañadores, tras dous intentos e transcorrido un período máximo de 48 horas, o premio declararase deserto.

O premio non se poderá cambiar por diñeiro en efectivo. CONSERVAS ALBO resérvase o dereito de substituír calquera premio por un premio de valor equivalente en caso de circunstancias fóra do seu control. Ademais, CONSERVAS ALBO non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a Correos ou á empresa de envíos que poidan afectar á recepción do premio, no caso de que fose necesario envialo a través de correo postal.

O nome do gañador será público e será accesible para todos aqueles que o soliciten a CONSERVAS ALBO.

5. Xeral e privacidade
As bases deste concurso cumpren coa lexislación española.

CONSERVAS ALBO resérvase o dereito de suspender, finalizar o concurso ou alargar a data do seu peche.

Non se permitirá a participación a empregados de CONSERVAS ALBO nin aos seus familiares.

CONSERVAS ALBO resérvase o dereito a cambiar estes termos en calquera momento e a comunicar os cambios aos participantes mediante a actualización dos termos no perfil oficial de Facebook ou calquera outra páxina que así considere.

Como resultado da participación no concurso, CONSERVAS ALBO recollerá datos persoais relativos aos participantes. Esta información será procesada de acordo coa política de privacidade de CONSERVAS ALBO. Por participar no sorteo, os participantes dan o seu consentimento ao tratamento do seu nome e apelidos nas redes sociais de ALBO para informarlles se resultan gañadores do concurso.

6. PROTECCIÓN DE DATOS
Atendendo ao cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 RGPD, notificámoslle:

Responsable do tratamento: HIJOS DE CARLOS ALBO, S.L.U.
CIF: B27737022
Enderezo: Rúa Jacinto Benavente 41, 36208 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986213333
Correo electrónico: [email protected]

Finalidade do tratamento:
Xestionar a súa participación no sorteo e comunicarlle o resultado. No caso de que resulte premiado, tramitar a entrega do premio e xestionar a publicidade do sorteo e os seus resultados por calquera medio, nos que se poderá incluír o nome do gañador do sorteo.

Lexitimación do tratamento:
A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento do interesado.

Conservación dos datos:
Os datos persoais proporcionados serán conservados durante o tempo que resulte necesario para alcanzar a finalidade coa que foron recompilados mentres o interesado non solicite a súa supresión, así como para atender ás responsabilidades que se puidesen derivar e calquera outra esixencia legal.

Notificámoslle que pode retirar o seu consentimento en calquera momento, dirixíndose por escrito ao enderezo do responsable do tratamento.

Se o retira, os tratamentos que xa se realizasen seguirán sendo válidos.

Destinatarios dos datos: No caso de que resulte premiado, comunicarase o seu nome no sitio web e as redes sociais, medios de comunicación e o público en xeral, coa finalidade de promocionar e dar a coñecer as actividades organizadas pola empresa.

Transferencias internacionais de datos:
Non se realizarán transferencias internacionais de datos.

Dereitos do interesado:
– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non, é dicir, cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a súa orixe e si se comunicaron ou se van a comunicar a un terceiro.
– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ao esquecemento.
– Oposición: dereito a oporse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar o cese do tratamento.
– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis alá da súa conservación.
– Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito xuntando fotocopia do seu documento identificativo e dirixida ao enderezo anteriormente citado. Ademais, poñemos á súa disposición modelos para o seu exercicio, que se poden recoller nas nosas instalacións. Para máis información: www.agpd.es

Dereito de reclamación ante a autoridade de control: No caso de que non se respecten os seus dereitos, pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Agencia Española de Protección de Datos, con sede Jorge Juan, 6-28001-Madrid, ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

7. Aceptación das bases
A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte destas implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, CONSERVAS ALBO quedará liberado do cumprimento da obriga contraída con ese participante.